Nas cinzas dun reino
espalladas no vento
ao longo dos séculos,
as pegadas teimosas
dos nosos antergos
polos carreiros dos tempos.
¡Non! ¡Máis!
¡Merda con mel!
¡Non! ¡Máis!
¿Cando deixamos falar ao silencio
entregándollela nosa voz?
¿Cando pechamos os ollos ao mundo
permitindo que mirasen por nós?
As ondas nas rochas
batendo con forza:
incesante loita,
a sangue nas veas
golpeando a conciencia
coa mesma furia.
¡Non! ¡Máis!
¡Porcos de pé!
¡Non! ¡Máis!
¿Cando deixamos falar ao silencio
entregándollela nosa voz?
¿Cando pechamos os ollos ao mundo
permitindo que mirasen por nós?
Sen deuses nin heroes
morreron os bardos,
pasaron as idades
ficando calados
no confín dos verdes castros
soterrados baixo negro asfalto.
Catro cruces de prata
nas que estamos cravados
agardando a que os tempos
nos sexan chegados,
guiándonos por faros lonxanos
pra vogar polo noso Atlántico.
Danzan as faíscas da doenza
que deixa tras de si o carbón na terra erma
terra infectada, terra que enferma
terra desterrada por escuros que a gobernan.
E os bos e xenerosos ¿onde están?
berramos cada vez que nos golpean,
que aínda segue no seu sono
o Fogar de Breogán.
Iranian metal band Confess channel their struggles with political oppression and exile into cathartic, groovy thrash. Bandcamp New & Notable Feb 2, 2022
Pioneering Rhode Island mathcore legends follow up their first album in 21 years with a head-spinning four-track EP. Bandcamp New & Notable Mar 17, 2024
Scalding lo-fi metal from RodtGod that puts a premium on immediacy and brutality, with terrifically bracing results. Bandcamp New & Notable Feb 12, 2022