We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Na Hora do Lobo (Ep)

by Nin a Tiros

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Defuntos 03:25
Lóbrego lóstrego parte o ceo en dous cúpula rota no crepúsculo, atravesoume coa súa claridade o raio eléctrico heraldo dun sombrío presaxio. Vístese coa nudez o bosque de outono a primavera que foi desfaise en bronce e ouro. Encrucilladas que gardan segredos mártires sen cripta nin cadaleito, a Noite de Defuntos sairei do Inferno pra percorrer os vieiros do derradeiro 'paseo'. Vístese coa nudez o bosque de outono a primavera que foi ...desfeita. O silente abrazo das hedras gabeando pola branca madeira, como a Compaña das almas en pena emerxe entre a brétema o bidueiral... ... no que fun fusilado. Mandíbulas abertas cheas de terra, fosa común amortallada cun desapiadado sudario de cal. Os cadáveres que enterran son semente que agromará, non logrará a Longa Noite de Pedra evitar o florecer das cunetas.
2.
Que fago aquí de novo empapado de sede? disposto a arrincarme o futuro que me quede como se fose onda, contra os cantís romperme como unha rata namorada dunha serpe. Tristura Triturada Póusase a luz do día, aloumiño de xofre, sobre a xeometría incurable do corte. Unha pátina cóbreo todo cun gris crónico matizado de ocre por fragmentos de óxido, seguirei cavando fondo afundido neste pozo onde me engulirá o último grolo. Tristura Triturada Póusase a luz do día, aloumiño de xofre, sobre a xeometría incurable do corte. Levo o teu nome engaiolado no fondo dunha fírgoa do corazón doe! a pesar dos anos, a coitelada oxidada daquela traizón.
3.
Renacenza 04:26
Non hai derrota que poña a este pescozo en soga agora que a fervenza do peito cuspe con cólera; desvelei o misterio superando a miseria que me mantiña hermético nunha insidiosa febleza. A flor da cerdeira apuñala con xúbilo á invernía que aínda impera refuxiada nos máis altos cumios. Castigo masivo sobre o inimigo que acosa que acusa que habito; co seu rostro mimético óllame cando o miro chorando as miñas choras e rindo o meu sorriso. A flor da cerdeira apuñala con xúbilo á invernía que aínda impera refuxiada nos máis altos cumios. Renacenza queda tanto por combater... Renacenza! Renacenza quédame tanto por morrer... Renacenza!! A flor da cerdeira apuñala con xúbilo á invernía que aínda impera refuxiada nos máis altos cumios.
4.
A maleza sacrílega insurrecta no adro desvirga a pureza con cada tentáculo, penetrando gretas, martirizando santos velando as miradas místicas dos seus ollos áridos. Ceden as portas, laiándose, ante a miña presenza, non traio loubanzas nin penitencia, fai moito que o diluvio extinguiu o arco da vella que se proxectaba dende altas vidreiras. Esnaquiza a monocromía a luminaria do sagrario, protección etérea, reduto inviolado, onde resiste macilenta a pomba de nimbo áureo fronte ao asedio das espiñas e os necrófagos alados. O mutismo insondable de Deus enxordeceu a existencia e co hálito álxido da descrenza enmudezo á pregaria da derradeira candea, convertendo ao Verbo en fume que se evapora entre tebras cegas. Lingua ígnea sufocada, triángulo roto, pola gutural blasfemia chea de noxo que reverbera colosal contra os despoxos espallando no seu voo aos corvos. Cando o gran astro omnipotente peche pra sempre a súa pálpebra e o murmurio da lúa revele o contorno de arcanas palabras verei derramarse o destino ante min, precipicio de loucura eterna comprendendo que entre as penumbras sen fin aniña a beleza.
5.
Sei? 03:06
Nesta sociedade consumista onde se banaliza a crítica, multiplícanse os xurados sumarios con Síndrome de Especialista. Por cada persoa que actúa hai vinte que etiquetan, valoran e opinan. E tanto ten o que fagas cousificarante no seu punto de mira. Ben sei que... eu non sei, non sei ben... eu que sei. Se pertenzo a min mesmo en tanto en canto pertenzo aos demais, sancionade o bendito baremo polo cal me ides xulgar. Expertos no alleo magnificando os meus erros, amosareivos os defectos que teño pra que fagades con eles os vosos trofeos. Ben sei que... eu non sei, non sei ben... eu que sei. Xa que só nun mundo invidente chegaredes a raíñas e reis, gozades sacándolle á xente os ollos cunha culler. Sempre teredes un séquito pra coroarvos sen mérito. Felizmente perfectos os monarcas de eidos desérticos. Ben sei que... eu non sei, non sei ben... eu que sei.
6.
Unha vez máis ábrese a sima do meu leito cunha inquietude abisal namentres a cidade durme os seus desexos soños de luz artificial... que asfixian. Mantense acesa a fría chama do insomnio de novo teño que soportar os grosos muros levantados polo silencio que a penas deixan respirar... que afogan. No negrume habitan espectros podo ouvir o rechiar das súas fauces emisarios de cada fracaso fanse fortes sen ti aquí!... Expúlsame da crúa soidade co aroma da túa esencia, atoparás as raíces da verdade se te asomas ao abismo da fenda. A pesar dos pesares pasados, malia que a mágoa rapte algúns días, o orballo sobre a Hora do Lobo segue a lamber o sal das feridas. Como unha musa íspese un segredo que xermola acotío, devagar, das incertezas dos meus febreiros, da única dúbida do teu verán, do acibeche e da prata do cabelo que indomable busca os dedos sucar, do azo incansable deste anhelo que durante un lustro non deixou de berrar: 'Morrerei un pouco menos mañá se traes ao acougo prendido da túa man!' Acubillados no berce da calma, sentindo o bico invicto da madrugada, escollerémolo camiño incorrecto coas facianas sorrintes contra o vento, que a vida é un oasis cercado e nembargantes seguimos soñando.

about

Artellamos este EP en 'RECuncho Estudio de Grabación' (A Torreira - Compostela) entre outubro de 2021 e abril de 2022.

Gravación, mestura e producción a cargo de Suso Pereiro.

Editámolo en formato Digipack con libreto de 16 páxinas (esgotado).

credits

released March 27, 2022

Música e letras por Nin a Tiros:

Amenedo - Baixo
Antorrena - Batería
Cutrín - Guitarra
Fosi - Voz
Ors - Guitarra
Xosé - Guitarra


Colaboraron neste EP:

-Víctor 'Bronkas': Voz en 'A Derradeira Candea' e coros en 'Tristura Triturada'.
-Laura Iglesias: Voz e coros en 'Na Hora do Lobo'.
-Joaonim das Somozas: Filosofía de taberna en 'Sei?'.

Artista gráfico: Noel Vázquez.
Deseño artístico: Nin a Tiros e Noel Vázquez.
Fotografía: Leti Ocaña.

license

tags

about

Nin a Tiros (NaT) GA, Spain

NaT somos:

Antorrena/Batería
Cutrín/Guitarra
Fosi/Voz
Ors/Baixo
Xosé/Guitarra

contact / help

Contact Nin a Tiros (NaT)

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Na Hora do Lobo (Ep), you may also like: